14 feb. 2011

Os límites do amor

Oxalá o amor fose algo tan fácil de decidir como un 1 ou un 0, como un "quérote" ou un "non te quero". Ou talvez non. Quizais sexa máis doado vivir nos múltiples puntos intermedios entre eses dous estados.

Supoño que se podería inventar algunha función matemática para o amor e, despois, calcular o límite ao que tende esta dependendo doutras variables. Lembrades o que eran os límites das funcións?


Claro, a cousa non pode ser tan sinxela. Se o amor dependese dunha única variable (chamémola x, e substituamos x por respecto, por coidado, por entrega ou por paciencia), todo sería máis fácil e, case seguro, que a función sería continua, pero, dende logo, o seu límite estaría perfectamente definido.

Formulemos este problema:
Se a é a función que representa o amor, cando o respecto r tende a cero, onde tende a función?


A resposta era evidente; quen non sexa capaz de ver a relación entre respecto e amor, lévao moi mal.

Evidentemente, dependendo dos valores que vaia tomando a variable que nos interesa, o límite tendería a cero ("resúltasme indiferente"), a máis infinito ("querereite sempre"), a menos infinito ("odiareite sempre") ou a un punto concreto e determinado ("quérote, pero sen pasarse").

Supoñamos agora que queremos obter o límite da función amor con varias variables. Ou sexa, sendo r respecto, c coidado, e entrega e p paciencia, en función destas variables, onde tende o amor?:


Definitivamente, que sinxelo resultaría todo se o amor fose dixital e binario: si ou non, branco ou negro, 1 ou 0. Polo menos, se o puidésemos resumir en pequenos anacos para examinalo, ou ben, gravalo nun lapis USB para cando o necesitásemos.



Sexa como sexa, creo que o realmente importante é maximizar os límites do amor e, sobre todo, esforzarse para que a persona amada se senta así, amada e insustituíble na nosa vida.

A todos, feliz San Valentín!

1 comentario:

alejandroabl dijo...

Profe tesnos que aprender como se pon a lupa encima das imaxe pa poder velas de cerca