9 mar. 2011

Mulleres matemáticas

"O poeta debe ser capaz de ver o que os demais non ven, debe ver máis profundamente. E o matemático debe facer o mesmo."
Con esta cita da matemática rusa do século XIX Sonia Kovaléskaya comeza un fantástico vídeo titulado "Mujeres matemáticas", pertencente á serie "Universo Matemático", que Antonio Pérez realizou para tve hai algúns anos, no que se demostra unha vez máis que é posible coeducar dende calquera disciplina.

Facendo clic sobre o enlace do título, poderedes visionar ese vídeo. Aconséllovos que non deixedes pasar a oportunidade de coñecer a algunhas das admirables mulleres que nos precederon ás que puidemos acceder sen trabas a unha carreira tradicionalmente reservada aos homes.

Para comprobar agora se estivestes atentos ao vídeo, realizade a actividade que podedes descargar ou imprimir a través do seguinte enlace:

No hay comentarios: